O CONCELLO DE LOBEIRA OFERTA UN POSTO DE ADMINISTRATIV@
Trátase dun posto laboral temporal
No BOP de hoxe, 6 de abril, sae publicado o anuncio da resolución da alcaldía do concello de Lobeira de data 31 de marzo de 2016, pola que se aprobaron as bases de contratación dun posto de administrativ@ adxunto á administración xeral do concello de Lobeira, laboral temporal.
As ditas bases están publicadas no taboleiro de edictos municipal e na páxina web do concello (www.lobeira.es) e entrarán en vigor ao día seguinte da publicación diste anuncio. O prazo de presentación de instancias será de cinco días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, na páxina web e no taboleiro de anuncios do Concello de Lobeira.
Todos os anuncios sucesivos serán publicados, exclusivamente, no taboleiro de anuncios e na páxina web do concello.

