O CONCELLO DE LOBEIRA ANUNCIA A SELECCION DE TRES AUXILIARES DE AXUDA NO FOGAR (RESERVAS)
Faino público no BOP do 12 de abril
O concello de Lobeira publica no BOP de hoxe, día 12, a resolución de data 8 de abril de 2016 que aprobou as bases que rexerán a selección de tres auxiliares de axuda no fogar e dependencia (reservas) dese concello.
As ditas bases están publicadas no taboleiro de edictos municipal e na páxina web do concello (www.lobeira.es) e entrarán en vigor ao día seguinte da publicación deste anuncio.
O prazo de presentación de instancias será de cinco días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, na páxina web e no taboleiro de anuncios do Concello de Lobeira.
Todos os anuncios sucesivos serán publicados, exclusivamente, no taboleiro de anuncios e na páxina web do concello

