Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE LEIRO OFERTA DOUS POSTOS PIÓNS

09 Xun 2020

Son contratos temporais a tempo parcial

O concello de Leiro fai pública no BOP do 9 xuño a convocatoria para a contratación laboral que se indica a continuación, segundo as bases aprobadas o 5 de xuño de 2020:

1.- Número e denominación das prazas: dous traballadores/as para prestar servizo como peóns de servizos múltiples.

2.- Modalidade de contratación: contrato laboral temporal a xornada parcial (34 horas semanais).

3.- Duración do contrato: ata fin de obra (aproximadamente 4 meses).

4.- Sistema de selección: concurso-oposición.

5.- Lugar e prazo de presentación de instancias: no rexistro da entidade local menor de Berán, situado na casa do concello de Leiro, de 9:00 a 14:00 h, ou por calquera dos medios admitidos en dereito, durante o prazo de cinco días hábiles contados dende o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Ourense.

6.- Exposición das bases: o texto completo das bases de selección atópase a disposición do público no rexistro da entidade local menor de Berán, situado na casa do concello de Leiro, na páxina web (http://www.concellodeleiro.com/) e na sede electrónica (https://leiro.sedelectronica.es/).

Volver