Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE LEIRO OFERTA DOUS POSTOS DE TRABALLO TEMPORAIS

08 Mar 2023

Son prazas de pións

O concello de Leiro fai pública no BOP do 8 de marzo a convocatoria para a contratación laboral que se indica a continuación, segundo as bases aprobadas pola xunta de goberno local do concello de Leiro, na sesión realizada o día 3 de marzo de 2023:

1. Número e denominación da praza: 2 traballadores/as para prestar servizo como peón de servizos múltiples.
2. Modalidade de contratación: contrato laboral temporal para a mellora da ocupabilidade e a inserción laboral (40 horas
semanais).
3. Duración do contrato: 5 meses e medio.
4. Sistema de selección: concurso-oposición.
5. Lugar e prazo de presentación de instancias: no rexistro do concello, de 9:00 a 14:00 h, ou por calquera dos medios admitidos en dereito, durante o prazo de cinco días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Ourense.
6. Exposición das bases: o texto completo das bases de selección atópase a disposición do público no concello, na páxina web (http://www.concellodeleiro.com/) e na sede electrónica (https://leiro.sedelectronica.es/).

Volver