Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE LEIRO BUSCA UN/HA AXENTE TIC

30 Abr 2021

Trátase dun contrato temporal a tempo parcial

O concello de Leiro fai pública no BOP do 30 de abril a convocatoria para a contratación laboral que se indica a continuación, segundo as bases aprobadas o 26 de abril de 2021:
1.- Número e denominación da praza: un/unha traballador/a para prestar servizo como axente TIC
2.- Modalidade de contratación: contrato laboral por obra ou servizo determinado, de 3,5 horas diarias
3.- Duración do contrato: até fin de obra
4.- Sistema de selección: concurso
5.- Lugar e prazo de presentación de instancias: no rexistro do concello, de 9:00 a 14:00 horas, ou por calquera dos medios admitidos en dereito, durante o prazo de cinco días hábiles, contados dende o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Ourense.
6.- Exposición das bases: o texto completo das bases de selección atópase a disposición do público no concello, na páxina web (http://www.concellodeleiro.com/) e na sede electrónica (https://leiro.sedelectronica.es/)

Volver