Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE LEIRO BUSCA PIÓNS DE SERVIZOS MÚLTIPLES

19 Abr 2022

Oferta dous contratos de 90 días a xornada completa

O concello de Leiro fai pública no BOP do 19 de abril a convocatoria para a contratación laboral que se indica a continuación, segundo as bases aprobadas o 12 de abril de 2022:

1. Número e denominación da praza: 2 traballadores/as para prestar servizo como pión de servizos múltiples
2. Modalidade de contratación: contrato laboral temporal por circunstancias da produción a xornada completa (40 horas
semanais)
3. Duración do contrato: até fin de obra (90 días)
4. Sistema de selección: concurso-oposición
5. Lugar e prazo de presentación de instancias: no rexistro do concello, de 9:00 a 14:00 h, ou por calquera dos medios admitidos en dereito, durante o prazo de cinco días hábiles contados dende o seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Ourense.
6. Exposición das bases: o texto completo das bases de selección atópase a disposición do público no concello, na páxina web (http://www.concellodeleiro.com/) e na sede electrónica (https://leiro.sedelectronica.es/)

Volver