Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE LAZA PUBLICA AS MEDIDAS QUE VAI A TOMAR PARA IMPEDIR O AVANCE DO COVID 19

16 Mar 2020

Obriga a que todas as comunicacións sexan de maneira telemática

O concello de Laza adoptou as seguintes medidas dende o 16 de marzo e ata o día 29 de marzo de 2020:

1) A comunicación co Concello debe realizarse de forma telemática a través da sede electrónica municipal ou vía telefónica a través do teléfono: 988 42 20 02 da Casa do Concello

2) En caso de que non se dispuxese de medios telemáticos e para aqueles supostos de urxencia, o Concello atenderá presencialmente previa pe%ción de cita telefónica, de luns a venres en horario de 9 a 14 horas.

3) Os servizos administra%vos municipais funcionarán con porta pechada de 9 a 14 horas, dun modo moi reducido, equivalente a uns servizos mínimos, que serán atendidos por unha persoa de oficinas e un operario. O Secretario-Interventor realizará teletraballo, acudido cando sexa necesario ao posto de traballo. O persoal alternará cada día a súa asistencia o traballo cos compañeiros de oficina.

4) Dada a situación de crise sanitaria e tendo en conta o disposto polo Goberno de España, o GES continuará coa prestación dos seus servizos de xeito ordinario, que poderán ser reforzados cando a situación o requira.

5) Os Servizos Sociais Municipais, dado o seu carácter asistencial quedarán suxeitos no desenvolvemento do seu traballo aos protocolos establecidos polos responsables de Área, facilitando sempre que se poida o teletraballo aos empregados públicos que prestan servizo nestes Departamentos.

6) O persoal municipal que non preste servizos dun modo presencial deberá estar dispoñible coa finalidade de prestar servizo ou reemplazar aos compañeiros cando fosen requiridos.

7) A instancia das instruccións da FEGAMP quedan suspendidas as sesións periódicas ou ordinarias dos órganos colexiados municipais a excepción de calquera que fose preciso celebrar.

8) Instase aos Concelleiros e persoal do Concello a manter una relación fluida coa Alcaldía, preferentemente vía telefónica, de información e de comunicación en todo o que consideren que poden aportar nesta situación, actuando así de maneira conxunta no seguimento da evolución do COVID-19

Volver