Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE LAZA OFERTA UN POSTO TEMPORAL

30 Nov 2016

É unha praza de limpador/a para as instalacións municipais

O concello de Laza, por resolución da alcaldía do día 28.11.2016, aprobou as bases ás que se axustará a selección econtratación dun posto de limpador/a para instalacións municipais do concello de Laza, con bolsa de contratación entre os aspirantes non seleccionados. Trátase dunha praza para un/ha limpador/a; con bolsa de contratación entre os/as aspirantes non seleccionados. A modalidade contractual será por obra ou servizo determinado. O prazo de presentación de instancias para os/as interesados/as será de 5 días naturais contados dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP de Ourense (30/11/16), podendo presentar as súas solicitudes no rexistro xeral do concello de Laza. A documentación debe xuntarase á instancia os méritos que se aleguen xunto cos documentos acreditativos destes.  Poderanse consultar as bases para a contratación no taboleiro de anuncios do concello de Laza en horario de 09.00 a 14.00  horas durante o prazo de presentación de instancias, e na páxina web www.laza.es

Volver