Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE LAZA OFERTA 6 POSTOS DE TRABALLO

07 Xun 2018

Son para condutores/as de autobombas

O concello de Laza fai público no BOP do 7 de xuño o anuncio de selección de persoal para a provisión dos postos de traballo para  un máximo de 6 condutores/as para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais mediante a actuación de dous vehículos autobomba. A alcaldía mediante Resolución do 5 de xuño de 2018, aprobou as bases ás que se axustará o concurso-oposición para seleccionar e contratar temporalmente a: un máximo de 6 condutores/as para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais mediante a actuación de dous vehículos autobomba. Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes no Rexistro do concello de 9.00 a 14.00 horas, durante o prazo de cinco días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no BOP. As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que se atopan a disposición do público no concello e publicadas integramente na web: www.laza.es

Volver