Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE LAZA OFERTA 16 POSTOS DE TRABALLO

05 Xun 2020

Traballarán nas brigadas antiincendios forestais

O concello de Laza fai públicas no BOP do 5 de xuño tres convocatorias para contratar temporalmente a un máximo de tres condutoras/es para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais mediante a actuación dun vehículo autobomba, dous xefes de brigada, dous peóns-condutores, seis peóns e tres pións de servizos xerais

1º.- A alcaldía, mediante resolución do 3 de xuño de 2020, aprobou as bases ás que se axustará o concurso-oposición para seleccionar e contratar temporalmente a un máximo de tres condutoras/es para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais mediante a actuación dun vehículo autobomba. Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes no rexistro do concello, durante o prazo de cinco días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no BOP. As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que se atopan a disposición do público no concello e publicadas integramente na web: www.laza.es

2º.- A alcaldía, mediante resolución do 3 de xuño de 2020, aprobou as bases ás que se axustará o concurso-oposición para seleccionar e contratar temporalmente dous xefes de brigada, dous peóns-condutores e seis peóns. Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes no rexistro do concello, durante o prazo de cinco días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no BOP. As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que se atopan a disposición do público no concello e na páxina web do concello www.laza.es

3º.- Anuncio de selección de persoal para a provisión de tres prazas de pións de servizos xerais. A alcaldía, mediante a resolución do 1 de xuño de 2020, aprobou as bases ás que se axustará o concurso-oposición para seleccionar e contratar temporalmente a tres pións de servizos xerais. Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes no rexistro do concello durante o prazo de cinco días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no BOP. As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que se atopan a disposición do público no concello e publicadas integramente na web: www.laza.es

Volver