Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE LAZA FAI OFERTA DE POSTOS LABORAIS TEMPORAIS

09 Xul 2016

Serán postos de monitor@s para a ludoteca e para formar a brigada antiincendios

O concello de Laza fixo público no BOP o anuncio de selección de persoal para a provisión dos postos de traballo de 2 xef@s de brigada, 2 pións-condutor@s e 6 pións. Do mesmo xeito tamén publicou as bases para a selección de monitor@s para o programa "ludoLAZAte 2016", que conta con bolsa de contratación entre @s aspirant@s non seleccionados. A alcaldía, mediante resolución do 7 de xullo de 2016, aprobou as bases ás que se axustará o concurso-oposición para seleccionar e contratar temporalmente ós postos de 2 xef@s de brigada, 2 pións-condutor@s e 6 pións para formar a brigada antiincendios forestais. Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes no rexistro do concello de 9.00 a 14.00 horas, durante o prazo de tres días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no BOP. As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que se atopan a disposición do público no concello. Se queres descarregar as bases de selección para a(s) praza(s) de monitor/a da ludoteca e condutor de motobomba, pica nos pdf que están debaixo da fotografía.

Volver