Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE LAZA CREA DÚAS BOLSAS DE EMPREGO

02 Dec 2020

Son para o servizo de axuda no fogar e para o grupo de emerxencias supramunicipal

O concello de Laza fai público no BOP do 2 de decembro os anuncios de selección de persoal para a creación dunha bolsa de traballo de auxiliares para o servizo de axuda no fogar e outra bolsa na categoría de pións para o Grupo de Emerxencias Supramunicipal con sede en Laza

A alcaldía, mediante resolución do 26 de novembro de 2020, aprobou as bases ás que se axustarán os concursos-oposicións para a creación dunha bolsa de traballo de auxiliares para o servizo de axuda no fogar e outra para seleccionar persoal para novas contratacións, así como para cubrir baixas, vacantes e substitucións do Grupo de Emerxencias Municipal.

Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes no rexistro do concello, durante o prazo de cinco días hábiles (para os auxiliares de axuda no fogar) e dez días hábiles para os pións para o Grupo de Emerxencias Supramunicipal, seguintes ao da publicación do anuncio no BOP As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que se atopan a disposición do público no concello e publicadas integramente na web: www.laza.es.

Volver