O CONCELLO DE LAZA BUSCA UN AXENTE DE EMPREGO E DESENVOLVEMENTO LOCAL
Trátase dun concurso oposición
A alcaldía do concello de Laza fai público no BOP do 11 de febreiro que, mediante resolución do día 9 de febreiro de 2022, aprobou as bases ás que se axustará o concurso-oposición para seleccionar a un/unha axente de emprego e desenvolvemento local (AEDL). Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes no Rexistro do Concello, durante o prazo de dez días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no BOP. As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que se atopan a disposición do público na casa do concello e publicadas integramente na web: www.laza.es

