O CONCELLO DE ESGOS OFERTA VARIAS PRAZAS
Son contratos laborais temporais en diferentes categorías
O concello de Esgos aprobou as bases de selección para cubrir varios postos de traballo de persoal laboral temporal, o resumo da convocatoria ao concurso é o seguinte:
Postos ofertados: 4 operarios/as servizos varios, 1 lector/a de contadores de auga, 1 auxiliar de axuda a domicilio, 2 socorristas e 2 vendedores/as de billetes/limpador-a.
O prazo para a presentación de solicitudes é de 5 días hábiles.
As modalidades de contratación serán contratos laborais temporais por o obra ou servizo determinado.
O sistema de selección será por concurso de méritos. As bases da convocatoria poderanse obter nas oficinas do concello de Esgos, sito na Praza da Souteira, s/n, 32720 Esgos, Ourense e con teléfono 988 290 000

