Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE ESGOS OFERTA 7 POSTOS DE TRABALLO

14 Xun 2022

Trátase de contratos temporais en diferentes categorías

O concello de Esgos fai pública no BOP do 14 de xuño a convocatoria para a contratación laboral que se indica a continuación segundo as bases de contratación aprobadas por resolución de alcaldía do día 10/06/2022:
1. Número e denominación das prazas: 3 operarios/as servizos múltiples, 1 operario/a servizo de auga/operario/a servizos múltiples, 1 auxiliar de axuda no fogar e 2 traballadores/as para o despacho de entradaslimpadores/as
2. Modalidade de contratación:
• Operarios/as de servizos múltiples: contrato temporal de substitución até a cobertura definitiva da praza.
• Operario/a servizo de auga e servizos múltiples: contrato temporal de substitución até a cobertura definitiva da praza.
• Auxiliar de axuda no fogar: contrato temporal por circunstancias da produción.
• Traballadores/as para o despacho de entradas-limpador/as: contrato temporal por circunstancias da produción.
3. Sistema de selección: concurso-oposición.
4. Bases da convocatoria: o texto íntegro das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios da sede electrónica municipal: http://concelloesgos.sedelectronica.gal
5. Prazo de presentación de solicitudes: 5 días naturais contados dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP

Volver