Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE ESGOS OFERTA 6 POSTOS DE TRABALLO

11 Mai 2021

Son postos temporais a xornada completa

O concello de Esgos fai pública no BOP do 11 de maio a convocatoria para a contratación laboral que se indica a continuación, segundo as bases de contratación aprobadas por resolución da alcaldía do día 6/05/2021:

1.- Número e denominación das prazas: tres operarias/os de servizos múltiples, un/ha operaria/o de servizos múltiples/chofer de rozadora, un/ha operaria/o do servizo de auga/operario de servizos múltiples e un/ha auxiliar de axuda no fogar

2.- Modalidade de contratación: contrato laboral temporal a xornada completa para obra ou servizo de duración determinada

3.- Sistema de selección: concurso-oposición.

4.- Bases da convocatoria: o texto íntegro das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios da sede electrónica municipal: http://concelloesgos.sedelectronica.gal

5.- Prazo de presentación de solicitudes: 3 días hábiles contados dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no rexistro do concello de esgos ou segundo os medios previstos nas bases reguladoras

Volver