Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE ENTRIMO OFERTA DÚAS PRAZAS

19 Dec 2016

Son postos de auxiliares de axuda no fogar

O concello de Entrimo fai unha nova convocatoria para a contratación laboral temporal, segundo as bases aprobadas por resolución da alcaldía con data 13.12.2016. Trátase de dúas prazas para auxiliares de axuda no fogar, xornada a tempo completo, de luns a domingo, incluídos festivos. A modalidade de contratación é de obra ou servizo determinado, con duración do contrato de 12 meses. O sistema de selección é por concurso de méritos, sendo as retribucións totais de 859,06 €/mes (incluída pppe). O lugar e prazo de presentación de instancias é de 5 días naturais contados dende o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP (17/12/16), no rexistro do concello, en horario de 9.00 a 14.00 horas, ou por calquera dos medios admitidos en dereito. A exposición do texto completo das bases de selección están publicadas no taboleiro de anuncios e na páxina web do concello http://www.concelloentrimo.es/

Volver