Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE ENTRIMO OFERTA DÚAS PRAZAS A MEDIA XORNADA

26 Mar 2016

Precisan cubrir dous postos a media xornada de peóns para servizos varios

No BOP de hoxe, 26 de marzo publícase a convocatoria para a contratación laboral que se indica a continuación, segundo as bases aprobadas por resolución da Alcaldía da data 21.03.2016.
Dúas prazas de peóns para servizos varios. A modalidade de contratación serán contratos laborais temporais a media xornada. A duración do contrato é de seis meses, sendo o sistema de selección por concurso de méritos. As retribucións totais son 518,88 €/mes, incluíndo a parte proporcional das pagas extraordinarias.
O lugar e prazo de presentación de instancias é de 5 días naturais contados dende o seguinte á publicación do anuncio no BOP, no rexistro do Concello de Entrimo, sito na Praza do Concello, 32860 A Terracha e teléfono 988 434 466, en horario de 09.00 a 14.00 horas, ou por calquera dos medios admitidos en dereito.
Para descargar as bases da convocatoria preme no documento

Volver