O CONCELLO DE ENTRIMO OFERTA CINCO POSTOS DE TRABALLO TEMPORAIS
Formarán a brigada contra incendios forestais
O concello de Entrimo fai pública no BOP do 13 de xuño a convocatoria para a contratación laboral que se indica a continuación:
1. Número e denominación das prazas: 1 xefe/a de brigada, 1 pión/pioa condutor/a e 3 pións/pioas de brigada para a formación de 1 brigada de prevención e defensa de incendios forestais en 2023.
2. Modalidade de contratación: temporal de duración determinada (DA quinta do RDL 32/2021, do 28 de decembro), a xornada completa
3. Duración do contrato: tres meses
4. Sistema de selección: concurso de méritos
5. Retribucións totais: xefe/a de brigada:1.350,00 euros/mes brutos, incluída a parte proporcional das pagas extra.
Pións/pioas de brigada e pión/pioa condutor/a: SMI, incluída a parte proporcional das pagas extra.
6. Lugar e prazo de presentación de instancias: 5 días hábiles, que contarán desde o seguinte á publicación deste anuncio no BOP, no rexistro do concello de Entrimo ou por calquera dos medios admitidos en dereito.
7. Exposición das bases: o texto completo das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica municipal: http://entrimo.sedelectronica.es