O CONCELLO DE ENTRIMO OFERTA 6 PRAZAS TEMPORAIS
Cinco postos son a media xornada e un a xornada completa
O concello de Entrimo fixo públicas no BOP do 13 de maio dúas convocatoria para a contratación laboral. A primeira é de cinco traballador@s para a realización do Programa Provincial de Cooperación en materia de empregabilidade, con modalidade de contratación por contrato laboral temporal a media xornada. A duración do contrato será de tres meses, e o sistema de selección por concurso de méritos. As retribucións totais serán de 518,88 €/mes (incluída pppe). O lugar e prazo de presentación de instancias é de 5 días naturais contados dende o seguinte á publicación deste anuncio no BOP, no rexistro do concello de Entrimo, en horario de 09.00 a 14.00 horas, ou por calquera dos medios admitidos en dereito. A exposición do texto completo das bases de selección están publicadas no taboleiro de anuncios do concello e na páxina web do concello.
A segunda das convocatorias é un posto de chofer de máquina rozadora, con modalidade de contratación con contrato laboral temporal a xornada completa. A duración do contrato é de catro meses, e o sistema de selección por concurso de méritos. As retribucións totais serán de 835,19 €/mes (incluída pppe). O lugar e prazo de presentación de instancias é de 5 días naturais contados dende o seguinte á publicación deste anuncio no BOP, no rexistro do Concello de Entrimo, en horario de 09.00 a 14.00 horas, ou por calquera dos medios admitidos en dereito. A exposición do texto completo das bases de selección están publicadas no taboleiro de anuncios e na páxina web do concello

