Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE ENTRIMO OFERTA 20 POSTOS TEMPORAIS

04 Mar 2021

Son contratos que van de 3 a 12 meses de duración

O concello de Entrimo fai públicas no BOP do 4 de marzo tres convocatorias para a contratación laboral temporal de 20 traballadoras/es en diferentes postos.

1.- Convocatoria para a contratación laboral que se indica a continuación:

1.- Número e denominación das prazas: 2 xefes/as de brigada, 2 pións condutores e 6 pións forestais para a formación de dúas brigadas de prevención e defensa de incendios forestais.

2.- Modalidade de contratación: contrato laboral temporal por obra ou servizo determinado a xornada completa

3.- Duración do contrato: tres meses

4.- Sistema de selección: concurso de méritos

5.- Retribucións totais: xefe/a de brigada: soldo: 1.250,00 euros/ mes brutos, incluída a parte proporcional das pagas extra. Pións forestais e pión condutor/a: soldo: 1.108,33 euros / mes brutos, incluída a parte proporcional das pagas extra.

6.- Lugar e prazo de presentación de instancias: 5 días hábiles contados dende o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no rexistro do concello de Entrimo ou por calquera dos medios admitidos en dereito.

7.- Exposición das bases: o texto completo das bases de selecciónestá publicado no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica municipal, http://entrimo.sedelectronica.es

2.- Convocatoria para a contratación laboral que se indica a continuación:

1.- Número e denominación das prazas: 4 pións de servizos varios

2.- Modalidade de contratación: contrato laboral temporal a media xornada

3.- Duración do contrato: dous durante 12 meses e outros dous durante 6 meses

4.- Sistema de selección: concurso de méritos

5.- Retribucións totais: 554,17 €/mes (incluída pppe).

6.- Lugar e prazo de presentación de instancias: 5 días hábiles contados dende o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no rexistro do concello de Entrimo ou por calquera dos medios admitidos en dereito.

7.- Exposición das bases: o texto completo das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica municipal, http://entrimo.sedelectronica.es

3.- Convocatoria para a contratación laboral que se indica a continuación:

1.- Número e denominación das prazas: seis traballadores/as para a realización do Programa provincial de cooperación en materia de empregabilidade

2.- Lugar e prazo de presentación de instancias: 5 días hábiles contados dende o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no rexistro do concello de Entrimo ou por calquera dos medios admitidos en dereito.

3.- Exposición das bases: o texto completo das bases de selección están publicadas no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica municipal, Http://entrimo.sedelectronica.es

Volver