O CONCELLO DE ENTRIMO OFERTA 11 POSTOS DE TRABALLO TEMPORAIS
Trátase de contratos temporais
O concello de Entrimo fai públicas dúas convocatorias con 11 contratacións temporais
1ª.- Convocatoria para a contratación laboral que se indica a continuación:
1. Número e denominación das prazas: un/unha chofer de máquina rozadoira
2. Modalidade de contratación: contrato laboral temporal, a xornada completa
3. Duración do contrato: 6 meses
4. Sistema de selección: concurso de méritos
5. Lugar e prazo de presentación de instancias: 5 días hábiles, que contarán desde o seguinte á publicación deste anuncio no BOP, no Rexistro do Concello de Entrimo ou por calquera dos medios admitidos en dereito.
6. Exposición das bases: o texto completo das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios e na sede electrónica municipal, http://entrimo.sedelectronica.es
2ª.- Convocatoria para a contratación laboral que se indica a continuación:
1. Número e denominación das prazas: 10 traballadores/as para desenvolver o Programa provincial de cooperación en
materia de empregabilidade
2. Lugar e prazo de presentación de instancias: 5 días hábiles, que contarán desde o seguinte á publicación deste anuncio no BOP, no Rexistro do Concello de Entrimo ou por calquera dos medios admitidos en dereito.
3. Exposición das bases: o texto completo das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do Concello e na sede electrónica municipal, http://entrimo.sedelectronica.es.