O CONCELLO DE ENTRIMO CONVOCA UNHA PRAZA DE AUXILIAR ADMINISTRATIVA/O
Trátase dunha contratación laboral temporal cunha duración de 6 meses
Publícase no BOP do 26 de febreiro a convocatoria para a contratación laboral, segundo as bases aprobadas por resolución da alcaldía de data 23/02/2016, unha praza de auxiliar administrativo.
A modalidade de contratación será un contrato laboral temporal, e o horario de traballo de 9 a 14 horas.
Ten unha duración de 6 meses, e o sistema de selección será por concurso de méritos. A retribución total incluída a parte proporcional das pagas extraordinarias será de 662,14 €.
O prazo de presentación de instancias é de 5 días naturais, contados dende o seguinte á publicación deste anuncio no BOP, no Rexistro do Concello de Entrimo, sito na Praza do Concello, 32860 A Terracha , Ourense e teléfono 988 434 466 en horario de 09.00 a 14.00 horas, ou por calquera dos medios admitidos en dereito.

