O CONCELLO DE ENTRIMO BUSCA UN/HA ENCARGADO DA BIBLIOTECA MUNICIPAL
Trátase dun contrato a media xornada
O concello de Entrimo fai pública no BOP do 15 de xuño a convocatoria para a contratación laboral que se indica a continuación, segundo as bases aprobadas por resolución da Alcaldía con data 11/06/2019:
1. Número e denominación do posto de traballo: 1 encargada/o da biblioteca municipal
2. Modalidade de contratación: contrato laboral temporal a media xornada
3. Duración do contrato: 6 meses
4. Sistema de selección: concurso de méritos
5. Retribucións totais: 525,00 €/mes (incluída pppe)
6. Lugar e prazo de presentación de instancias: 5 días hábiles contados dende o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no rexistro do concello ou por calquera dos medios admitidos en dereito.
7. Exposición das bases: o texto completo das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios e na sede electrónica municipal: http://entrimo.sedelectronica.es

