Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE ENTRIMO BUSCA UN/HA AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR

22 Abr 2022

Ofertan un contrato temporal a xornada completa

O concello de Entrimo fai pública no BOP do 22 de abril a convocatoria para a contratación laboral temporal que se indica a continuación:
1. Número e denominación da praza: un/unha auxiliar de axuda no fogar, para prestación básica, a xornada completa.
2. Modalidade de contratación: contrato laboral temporal por substitución.
3. Duración do contrato: deica que finalice o proceso de selección para cubrir a praza en réxime laboral fixo.
4. Sistema de selección: concurso de méritos.
5. Retribucións totais: salario mínimo interprofesional (incluída a pppe).
6. Lugar e prazo de presentación de instancias: 5 días hábiles contados dende o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no Rexistro do Concello ou por calquera dos medios admitidos en dereito.
7. Exposición das bases: o texto completo das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios e na sede electrónica municipal, http://entrimo.sedelectronica.es

Volver