O CONCELLO DE ENTRIMO BUSCA SEIS AUXILIARES DE AXUDA NO FOGAR
Trátase de 5 contratos de doce meses e 1 para cubrir vacacións
O concello de Entrimo fai pública no BOP do 30 de decembro a convocatoria para a contratación laboral temporal que se indica a continuación:
1.- Número e denominación das prazas: 6 auxiliares de axuda no fogar, xornada a tempo completo, de luns a domingo, incluídos festivos
2.- Modalidade de contratación: obra ou servizo determinado
3.- Duración do contrato: 5 durante doce meses e 1 paracubrir vacacións
4.- Sistema de selección: concurso de méritos
5.- Retribucións totais: salario mínimo interprofesional
6.- Lugar e prazo de presentación de instancias: 5 días hábiles contados dende o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no rexistro do concello ou por calquera dos medios admitidos en dereito.
7.- Exposición das bases: o texto completo das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios e na sede electrónica municipal, http://entrimo.sedelectronica.es

