Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE ENTRIMO BUSCA PERSOAL

30 Xun 2022

Son 5 postos de traballo temporais os que oferta

O concello de Entrimo fai pública a convocatoria para a contratación laboral que se indica a continuación:

1.- Número e denominación das prazas: 1 xefa/e de brigada, 1 pión condutor/a e 3 pións de brigada para a formación de 1 brigada de prevención e defensa de incendios forestais.

2.- Modalidade de contratación: temporal de duración determinada (DA quinta do RDL 32/2021, do 28 de decembro), a xornada completa.

3.- Duración do contrato: tres meses.

4.- Sistema de selección: concurso de méritos.

5.- Retribucións totais: xefa/e de brigada: 1.250,00 euros/mes brutos, incluída a parte proporcional das pagas extra.

Pións de brigada e pión condutor/a: SMI, incluída a parte proporcional das pagas extra.

6.- Lugar e prazo de presentación de instancias: 5 días hábiles contados dende o seguinte á publicación deste anuncio no BOP, no rexistro do concello de Entrimo ou por calquera dos medios admitidos en dereito.

7.- Exposición das bases: o texto completo das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica municipal: http://entrimo.sedelectronica.es

Volver