Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE CUALEDRO OFERTA UN POSTO TEMPORAL

27 Xun 2018

É para un/ha xefe/a de obra

O concello de Cualedro fai pública no BOP do 27 de xuño a convocatoria para a selección de persoal para a provisión do posto de traballo para un/ha xefe/a de obra. A alcaldía, mediante resolución do 22 de xuño de 2018, aprobou as bases ás que se axustará o concurso-oposición para seleccionar e contratar temporalmente a un/ha xefe/a de obra a tempo completo durante nove meses. Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes no rexistro do concello de 9.00 a 14.00, durante o prazo de cinco días hábiles seguintes ao da publicación no BOP. As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que se atopan a disposición do público no concello e na páxina www.cualedro.es

Volver