Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE CUALEDRO OFERTA UN POSTO DE LIMPADOR/A

25 Feb 2016

Aprobadas as bases para a contratación laboral temporal a tempo parcial para un posto de limpeza

O concello de Cualedro, por resolución de data 22 de febreiro de 2016, aprobou as bases ás que se axustará a selección e contratación laboral temporal a tempo parcial, polo período de doce meses, para un posto de persoal de limpeza nas instalacións municipais do Concello de Cualedro.
As/os interesadas/os poderán presentar as súas solicitudes no Rexistro Xeral do Concello de Cualedro durante o prazo de 5 días naturais dende o día seguinte ao da publicación do anuncio do BOP de Ourense (25/02/2016).

A modalidade contractual será de obra ou servizo determinado, e a documentación a achegar será a requirida nas bases.

A presentación de instacias será na casa do concello de Cualedro, na rúa Toural da Feira, 32689 Cualedro, Ourense, en horario de 09.00 a14.00 horas.O teléfono é o 988 420 302, e páxina web http://www.cualedro.es

Volver