Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE CUALEDRO OFERTA SETE POSTOS DE TRABALLO TEMPORAIS

27 Mai 2020

Son para tractorista e oficiais de primeira en albanelería

O concello de Cualedro fai pública no BOP do 27 de maio a convocatoria para a selección de persoal para a provisión dos postos de traballo pra un/ha tractorista e seis albaneis oficiais de primeira

A alcaldía, mediante a resolución do 19 de maio de 2020, aprobou as bases ás que se axustará o concurso-oposición para seleccionar e contratar temporalmente a un tractorista e a seis albaneis oficiais de primeira, a tempo completo durante seis meses.

Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes no rexistro do concello de 9:00 a 14:00 horas, durante o prazo dos cinco días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no BOP.

As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que se atopan a disposición do público no concello e na páxina www.cualedro.es

Volver