O CONCELLO DE CUALEDRO OFERTA CATRO POSTOS DE TRABALLO
Son ofertas para albaneis
O concello de Cualedro fai pública no BOP do 20 de marzo a convocatoria para a selección, mediante concurso-oposición, de persoal funcionario interino para prover transitoriamente catro postos de traballo para a brigada de obras e servizos. A alcaldía, mediante a resolución do 16 de marzo de 2023, aprobou as bases para prover transitoriamente, mediante concurso-oposición, de persoal funcionario interino para contratar catro albaneis oficiais de primeira a tempo completo, durante 6 meses.
Os/as interesados/as poderán presentar as solicitudes no rexistro do concello de Cualedro, de 9.00 a 14.00 h, durante o prazo dos cinco días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no BOP. As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que se atoparán á disposición do público no concello e na páxina web https://cualedro.sedelectronica.es