O CONCELLO DE CUALEDRO OFERTA 10 POSTOS DE TRABALLO
Son pra formar dúas brigadas antiincendios
O concello de Cualedro fai pública no BOP do 12 de xuño a convocatoria para a selección de persoal para dúas brigadas de prevención e defensa contra incendios forestais. A alcaldía, mediante Resolución do 6 de xuño de 2017, aprobou as bases ás que se axustará o concurso-oposición para seleccionar e contratar temporalmente a: 2 xef@s de brigada, 2 pións-condutores/as e 6 pións. Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes no rexistro do concello de Cualedro de 9.00 a 14.00 horas, durante o prazo de cinco días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no BOP. As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que se atopan a disposición do público no concello e na páxina www.cualedro.es

