Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE CUALEDRO OFERTA 10 POSTOS DE TRABALLO

04 Xun 2021

Formarán as brigadas forestais

O concello de Cualedro fai pública no BOP do 4 de xuño a convocatoria de selección de persoal para a provisión dos seguintes postos de traballo: 2 xefes/as de brigada, 2 pións condutores/as e 6 pións.

A alcaldía, mediante a resolución do 28 de maio de 2021, aprobou as bases ás que se axustará o concurso-oposición para seleccionar e contratar temporalmente 2 xefes/as de brigada, 2 pións condutores/as e 6 pións. As persoas interesadas poderán presentar as súas solicitudes no Rexistro do concello, de 9.00 a 14.00 h, durante o prazo de cinco días hábiles seguintes ao de publicarse este anuncio no BOP. As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que se atopan á disposición do público no concello e na web https://cualedro.sedelectronica.es

Volver