O CONCELLO DE CUALEDRO CONVOCA NOVE PRAZAS TEMPORAIS
Os postos son para 1 xef@ de obra e 8 albaneis
O concello de Cualedro publica no BOP do xoves 22 de setembro a convocatoria para a selección de persoal para a provisión dos postos de traballo para 1 xef@ de obra e 8 albaneis. A Alcaldía, mediante resolución do 20 de setembro de 2016, aprobou as bases ás que se axustará o concurso para seleccionar e contratar temporalmente a 1 xefe de obra e 8 albaneis. Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes no rexistro do concello de 9.00 a 14.00 horas, durante o prazo de 5 días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia. As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que podes descarregar picando no pdf que está debaixo da fotografía.

