O CONCELLO DE CUALEDRO BUSCA UN/HA TRACTORISTA
Trátase dun posto de xornada completa de 3 meses de duración
O concello de Cualedro, mediante Resolución do día 2 de maio de 2023, aprobou as bases para prover transitoriamente, mediante concurso-oposición de persoal funcionario interino, un/unha tractorista a tempo completo durante 3 meses, e faino público no BOP do 5 de maio.
As persoas interesadas poderán presentar as solicitudes no rexistro do concello de Cualedro de 9:00 a 14:00 h, durante oprazo de cinco días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no BOP.
As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que se atoparán a disposición do público no concello e na páxina web https://cualedro.sedelectronica.es