O CONCELLO DE COLES OFERTA DÚAS PRAZAS DE AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR
Son contratos deica o fin do ano 2017
O concello de Coles fai pública a convocatoria para a contratación laboral, en cumprimento do Decreto da Alcaldía de data 23.05.2017. de dúas prazas para auxiliares de axuda no fogar. A modalidade de contratación serán contratos laborais temporais para obra ou servizo determinado. A xornada completa, 40 horas semanais, de luns a domingo, dentro do servizo de axuda a domicilio (SAD). O sistema de selección por concurso de méritos. A duración do contrato, ata a fin de servizo, deica o 31/12/2017. O salario bruto mensual (incluídos todos os conceptos salariais e a parte proporcional das pagas extraordinarias) 1.044,14 €. O prazo e lugar para a presentación de solicitudes e alegacións ás bases de selección será de 6 días hábiles a contar desde o día seguinte o da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da provincia de Ourense (29/5/17), no rexistro xeral do concello de Coles, en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres, agás festivos. O texto íntegro das bases de selección está a disposición d@s interesad@s nas oficinas do Concello de Coles (Lugar Vilarchao, 34 – 32152 Coles).

