Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE COLES OFERTA CATRO POSTOS DE TRABALLO TEMPORAIS

18 Mai 2020

Son para pións forestais

O concello de Coles fai público no BOP do 18 de maio a convocatoria para a  contratación laboral que logo se indica, en cumprimento do Decreto da Alcaldía con data 12/05/2020.
01. Número de prazas:4.
02. Denominación: pión forestal (CNO 95431028).
03. Modalidade de contratación: contratación laboral temporal para obra ou servizo determinado.
04. Xornada: completa, 40 horas semanais, de luns a domingo.
05. Servizo: limpeza e rozas en vías, camiños e outros espazos de uso público.

06. Sistema de selección: concurso de méritos.
07. Duración do contrato: 4 meses (01/06/2020 até o 30/09/2020)
08. Salario bruto mensual (incluídos todos os conceptos salariais e a parte proporcional das pagas extraordinarias): 1108,33 €.
09. Prazo e lugar para a presentación de solicitudes e alegacións ás bases de selección: 5 días hábiles contados a partir do  seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP de Ourense, no rexistro xeral do Concello de Coles, en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres, agás festivos.

Volver