O CONCELLO DE COLES OFERTA 8 POSTOS TEMPORAIS
Traballarán no servizo de axuda á domicilio
O concello de Coles fai pública no BOP do 24 de novembro a convocatoria para a contratación laboral de oito prazas de auxiliar de axuda no fogar, en cumprimento do Decreto da Alcaldía con data 21/11/2018. A modalidade de contratación será contratación laboral temporal para obra ou servizo determinado a xornada completa, 40 horas semanais, de luns a domingo no servizo de axuda a domicilio (SAD). Para o sistema de selección optaron polo concurso de méritos. A duración do contrato será até a fin do servizo, en data 31/12/2019. O Salario bruto mensual (incluídos todos os conceptos salariais e a parte proporcional das pagas extraordinarias): 1.044,14 €. O prazo e lugar para a presentación de solicitudes e alegacións ás bases de selección é de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP de Ourense, no Rexistro Xeral do concello de Coles, en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres, agás festivos. O texto íntegro das bases de selección está a disposición d@s interesad@s nas oficinas do concello de Coles (Lugar Vilarchao, 34, 32152 Coles).

