O CONCELLO DE COLES OFERTA 8 POSTOS DE TRABALLO
Son para Auxiliares de Axuda no Fogar
O concello de Coles fixo público no BOP unha convocatoria para a contratación laboral, en cumprimento do Decreto da alcaldía con data 10/11/2017 pra 8 prazas de auxiliares de axuda no fogar. A modalidade de contratación será contratación laboral temporal para obra ou servizo determinado. O tipo de xornada será completa, 40 horas semanais, de luns a domingo. Pertencen o servizo de axuda a domicilio (SAD). O sistema de selección será por concurso de méritos. A duración do contrato até a fin de servizo (31/12/2018). O salario bruto mensual (incluídos todos os conceptos salariais e a parte proporcional das pagas extraordinarias): 1.044,14 €. O prazo e lugar para a presentación de solicitudes e alegacións ás bases de selección é de 7 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP de Ourense (15/11/17), no rexistro xeral do xoncello de Coles, en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres, agás festivos. O texto íntegro das bases de selección está a disposición d@s interesad@s nas oficinas do Concello de Coles (lugar Vilarchao, 34, 32152 Coles) e na páxina web www.concellodecoles.com

