Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE COLES CONVOCA DÚAS PRAZAS PARA AUXILIARES DE AXUDA NO FOGAR

21 Mai 2016

Farán contratos deica o fin do 2016

O concello de Coles fai unha convocatoria para a contratación laboral, en cumprimento do decreto da alcaldía con data 19/05/2016. Trátase de dúas prazas de auxiliares de axuda no fogar. A modalidade de contratación a facer será contratación laboral temporal para obra ou servizo determinado, a xornada completa, 40 horas semanais, de luns a domingo, do servizo de axuda a domicilio (SAD).
Para o sistema de selección optaron polo concurso de méritos. A duración do contrato, ata a fin de servizo: 30/11/2016 (1 praza) e 31/12/2016 (1 praza). O salario bruto mensual (incluídos todos os conceptos salariais e a parte proporcional das pagas extraordinarias) será de 1.044,14 €.
O prazo e lugar para a presentación de solicitudes e alegacións ás bases de selección rematará o 25/05/2016 (incluído), no Rexistro Xeral do Concello de Coles, en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres, agás festivos.
O texto íntegro das bases de selección está a disposición dos interesados nas oficinas do Concello de Coles (lugar Vilarchao, 34, 32152 Coles).

Volver