O CONCELLO DE CHANDREXA DE QUEIXA OFERTA UNHA PRAZA DE LIMPADOR/A
Trátase dun contrato laboral temporal para cubrir unha baixa
O concello de Chandrexa de Queixa fai unha nova convocatoria para a contratación de persoal laboral temporal para a substitución da titular que se atopa de baixa por IT para o posto de traballo de limpador/a das dependencias municipais no Concello. Asemade abre o prazo de presentación das instancias para a participación no proceso de selección por concurso de méritos que será de cinco (5) días hábiles a computar a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia. @s interesad@s poderán consultar as bases de selección nas oficinas municipais, en horario de 9.00 a 14.30 e na páxina web do concello www.chandrexadequeixa.es/index.php/gl/ (apartado portal da transparencia).

