O CONCELLO DE CHANDREXA DE QUEIXA OFERTA DOUS POSTOS DE TRABALLO
O concello de Chandrexa de Queixa fai pública no BOP do 23 de abril a convocatoria para a contratación de persoal laboral temporal baixo a modalidade de obra ou servizo determinado para os seguintes postos de traballo:
Dúas/ Dous pións de servizos múltiples
O concello de Chandrexa de Queixa, abre o prazo de presentación das instancias para a participación no proceso de selección por concurso de méritos, que será de cinco (5) días hábiles que se computarán a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia. As/Os interesadas/os poderán consultar as bases de selección na páxina web do concello: www.chandrexadequeixa.es/index.php/gl/.

