O CONCELLO DE CHANDREXA DE QUEIXA OFERTA CATRO POSTOS DE TRABALLO TEMPORAIS
Formarán a brigada contra incendios forestais
O concello de Chandrexa de Queixa fai pública no BOP do 10 de xullo a convocatoria para a contratación de persoal laboral temporal baixo a modalidade de obra ou servizo determinado para os seguintes postos de traballo:
- Un/ha xefa/e da brigada de prevención e defensa contra os incendios forestais.
- Un/ha pión condutor/a da brigada de prevención e defensa contra os incendios forestais.
- Dous pións da brigada de prevención e defensa contra os incendios forestais.
O Concello de Chandrexa de Queixa abre o prazo de presentación das instancias para a participación no proceso de selección por concurso-oposición que será de cinco (5) días hábiles computados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia. Os interesados poderán consultar as bases de selección na páxina web do concello:
www.chandrexadequeixa.es/index.php/gl/

