O CONCELLO DE CHANDREXA DE QUEIXA CREA UNHA BOLSA DE EMPREGO
É pra o servizo de axuda no fogar
O concello de Chandrexa de Queixa fai público no BOP do 11 de setembro que, por decreto da alcaldía nº 157/2019, de 21 de agosto de 2019, foron aprobadas as bases e a convocatoria para a creación dunha bolsa de emprego para o servizo de axuda no fogar no concello de Chandrexa de Queixa. Para tal efecto, o concello de Chandrexa de Queixa abre o prazo de presentación das instancias para a participación neste proceso de selección que será de sete (7) días hábiles a computar a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia. Os interesados poderán consultar as bases de selección nas oficinas municipais en horario de 9.00 a 14.30 horas e na páxina web do concello: www.chandrexadequeixa.es/index.php/gl/

