Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE CENLLE BUSCA UN/HA AUXILIAR DE BIBLIOTECA

28 Xan 2022

É un contrato a xornada parcial

O concello de Cenlle fai pública no BOP do 28 de xaneiro a convocatoria para a contratación laboral que se indica a continuación, segundo as bases aprobadas pola xunta de goberno local deste concello o 21/01/2022:
1. Número e denominación da praza: 1 auxiliar de biblioteca, OMIX e novas tecnoloxías
2. Modalidade de contratación: contrato laboral temporal a xornada parcial (30 horas)
3. Duración do contrato: 6 meses desde a data da sinatura
4. Sistema de selección: concurso-oposición
5. Lugar e prazo de presentación das solicitudes: 10 días hábiles, que contarán desde o seguinte ao de publicarse este anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Ourense, no rexistro do concello de Cenlle ou por calquera dos medios admitidos en dereito.
6. Exposición das bases: o texto completo das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica municipal: http://cenlle.sedelectronica.gal

Volver