Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE CELANOVA OFERTA UNHA PRAZA DE AUXILIAR ADMINISTRATIVA/O

16 Mar 2016

O posto ten unha duración de dez meses

Publícase no BOP de hoxe a convocatoria para unha contratación laboral temporal, a xornada completa e por un período de dez meses, dun/dunha traballador/a para a ocupación de auxiliar administrativo ao obxecto de levar a cabo a execución da obra ou servizo “Auxiliar administrativo para a oficina de rehabilitación PEPRIs”, no marco do “Acordo da Comisión Bilateral realizada o 27 de outubro de 2015 relativo á Área de Rehabilitación de Rexeneración e Renovación Urbana do Contorno do Mosteiro de San Salvador de Celanova e do Burgo Medieval de Vilanova dos Infantes en Celanova (Ourense)

A presentación de solicitudes poderá facerse ben no Rexistro Xeral do Concello de Celanova, sito na Praza Maior nº 1, 32800 Celanova- Ourense e teléfono 988 431 481, ou ben en calquera das formas establecidas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común; as solicitudes que se presenten a través da oficina de correos deberán entregarse en sobre aberto para seren seladas e datadas polo funcionario de Correos antes de seren certificadas.

O prazo é de 10 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no BOP (16/03/2016)

Volver