O CONCELLO DE CELANOVA OFERTA UN POSTO DE AUXILIAR ADMINISTRATIV@
É para o departamento de intervención
O concello de Celanova fixo pública no BOP do 31 de maio a convocatoria de proceso selectivo e bases xerais e específicas para a selección dun/ha funcionari@ interin@ para a praza de auxiliar administrativ@ para o posto de auxiliar de oficina do departamento de intervención-tesourería, polo sistema de oposición. A xunta de goberno local, por delegación do alcalde (BOP de Ourense nº 146, do 27.06.2015) e en virtude de acordo adoptado en sesión ordinaria que tivo lugar o día 15.05.2017, convocou o proceso selectivo e aprobou as bases xerais e específicas reguladoras da convocatoria do proceso selectivo para cubrir a praza de auxiliar administrativo/a de administración xeral para o posto de auxiliar de oficina do departamento de intervención-tesourería, en calidade de funcionario/a interino/a, polo sistema de oposición.
Pra descarregar as bases abre o pdf que está debaixo da fotografía

