O CONCELLO DE CELANOVA OFERTA UN POSTO DE ANIMADOR/A TURÍSTICO
Tamén constituirá unha bolsa de traballo
O concello de Celanova fai público no BOP do 10 de maio, por acordo da xunta de goberno con data 2 de maio de 2018, a aprobación das bases xerais e específicas para a contratación laboral temporal a tempo completo dun/dunha traballador/a desempregado/a para a realización da obra/servizo “animador/ a turístico para a Oficina de Turismo de Celanova”, polo sistema de concurso-oposición, así como a constitución da bolsa de traballo.
Trátase dunha contratación laboral temporal a tempo completo para obra ou servizo determinado, en xornada completa, coa categoría profesional de animador/a turístico/a, cunha duración ata o 15 de setembro de 2018 e unha retribución de mil trescentos cinco euros con setenta e oito céntimos (1.305,78 €) mensuais brutos, incluíndo a parte proporcional das pagas extraordinarias, suxeitarase ao previsto no artigo 15 do Estatuto dos traballadores e demais disposicións de aplicación
@s candidat@s serán solicitados á oficina de emprego de Celanova

