Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE CELANOVA OFERTA CATRO POSTOS DE TRABALLO

13 Mar 2021

Son postos para pións de servizos múltiples e de apoio ao servizo de limpeza viaria

O concello de Celanova fai pública no BOP do 13 de marzo a convocatoria de proceso selectivo e bases xerais e específicas para a contratación laboral temporal de catro persoas traballadoras para a realización da obra/servizo relativo ao posto de pión de servizos múltiples e de apoio ao servizo de limpeza viaria. A xunta de goberno local, por acordo con data 10 de marzo de 2021, aprobou as bases xerais e específicas para a contratación laboral temporal de catro persoas traballadoras para a realización da obra/servizo relativo ao posto de pión de servizos múltiples e de apoio ao servizo de limpeza viaria, polo sistema de concurso-oposición. Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes no rexistro de entrada de documentos do concello de 9:00 a 13:00 horas ou ben, mediante o procedemento e lugares que regula o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de sete (7.-) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Ourense. As bases íntegras da convocatoria publicaranse no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica do concello de Celanova no seguinte enderezo de URL: http://celanova.sedelectronica.es/info

Volver