Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE CELANOVA OFERTA 10 POSTOS DE TRABALLO TEMPORAIS

20 Xun 2023

Formarán dúas brigadas contra incendios forestais

O concello de Celanova publica no BOP do 20 de xuño que por resolución da alcaldía do 16/06/2023, co número 2023-0529, aprobouse a convocatoria do proceso selectivo e as bases xerais e específicas reguladoras da convocatoria dos procesos selectivos para a contratación laboral temporal a xornada completa de dúas (2) brigadas de incendios, compostas cada unha por un/unha xefe/a de brigada, un/unha peón/peoa condutor/a e tres pións/pioas, en total 10 persoas, polo sistema de concurso-oposición.

As bases íntegras publicaranse no taboleiro de anuncios do concello no taboleiro de anuncios da sede electrónica do concello de Celanova, no seguinte enderezo de URL:http://celanova.sedelectronica.es/info.0

As solicitudes (segundo o modelo que figura no anexo II das bases), en que se require participar nas correspondentes probas de acceso e nas que os/as aspirantes farán constar que reúnen as condicións esixidas nas bases xerais e específicas para o posto ao que se opte, dirixiranse ao alcalde do concello de Celanova e presentaranse no Rexistro de entrada de documentos deste concello, de 9.00 a 13.00 horas, ou ben mediante o procedemento e os lugares que regula o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de sete (7) días naturais, que contarán a partir do día seguinte ó da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Ourense. Se o último día fose inhábil, o prazo rematará o seguinte día hábil.

Contra as bases, que poñen fin á vía administrativa, poderá interpoñerse, alternativamente, o recurso de reposición potestativo, no prazo dun mes, que contará desde o día seguinte á publicación no Boletín Oficial da Provincia de Ourense, ante a alcaldía deste concello, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento  administrativo común das administracións públicas; ou un recurso contencioso-administrativo, ante os Xulgados do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses, que contarán desde o día seguinte á precitada publicación no Boletín Oficial da Provincia de Ourense, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición  contencioso-administrativa. Se se optase por interpoñer o recurso de reposición potestativo, non poderá interpoñerse o recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto  expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio. Así mesmo, poderase exercitar calquera outro recurso que se considere pertinente.

Volver